Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación lanza nas redes novos vídeos sobre a grandeza patrimonial de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación lanza nas redes novos vídeos sobre a grandeza patrimonial de Lugo

Redacción
Publicado: 08/05/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_lugo_inedito.jpgA Deputación de Lugo segue adiante co seu obxectivo de engrandecer a provincia e mostrala turisticamente ao mundo a través de vídeos-reclamo nas redes sociais. As novas contribucións, un documental e seis microvídeos para promover o turismo dos concellos, foron presentadas hoxe polo deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde. O novo material audiovisual inclúese na campaña Lugo Cambia que impulsa o Executivo provincial desde hai 2 anos.
Vidal Baamonde subliñou que de cara á tempada de verán, o vídeo Lugo Inédito en 7 idiomas e máis a media ducia de pezas audiovisuais sobre os xeodestinos lucenses implican un novo chanzo no desenvolvemento da nova campaña: un esforzo extra por “captar a atención de máis viaxeiros nacionais e estranxeiros e atraer máis turistas”.
Segundo engadiu, “na provincia hai máis dunha trintena de lugares de interese turístico que teñen o privilexio de poder etiquetarse como únicos no mundo”. Neste senso, o vídeo Lugo Inédito céntrase en amosar unha escolma deste lugares, unha aproximación a enclaves de visita obrigada como a Muralla de Lugo ou As Catedrais de Ribadeo. O material presentado hoxe proxectarase na Feira de Turismo Expovacaciones en Bilbao, entre o 10 e 12 de maio, na que terá presenza a Deputación cun stand de seu.
O deputado tamén explicou que “co fin de que este audiovisual acade unha maior proxección internacional, editouse en 7 linguas: inglés, italiano, portugués, alemán, francés, galego, e castelán”. O material publicarase na canle de Youtube da área de Turismo da Deputación de Lugo. Amais, a guía completa dos espazos de Lugo Inédito pódese consultar na web de Turismo da Deputación (turismo.deputacionlugo.gal) e serve de proposta e fío condutor para coñecer toda a provincia a través de elementos do patrimonio que a distinguen.
Vídeo Lugo Inédito
O novo spot Lugo Inédito contribúe á divulgación de 13 lugares de interese turístico que teñen o privilexio de poder etiquetarse como únicos a nivel internacional: a Muralla de Lugo, única no mundo que conserva íntegro o seu perímetro; a Praia das Catedrais, un dos máis fermosos areais do planeta enteiro; a Serra do Courel, referente mundial de xeoloxía e recentemente declarado Xeoparque Mundial; A Ribeira Sacra, a maior concentración de románico rural de Europa; Lugo, a provincia española con máis quilómetros de Camiño de Santiago; San Pedro de Fiz de Hospital en O Incio, única igrexa de mármore do mundo; San Martiño de Mondoñedo, a catedral máis antiga de España; as pallozas dos Ancares, testemuñas dunha forma de vida única; o Castro de Fazouro, único castro marítimo escavado no Cantábrico; Santa Eulalia de Bóveda; un dos grandes enigmas da arqueoloxía; o Souto da Retorta, un bosque con árbores xigantes; Ribeira Sacra, un viño de heroes; e A Fortaleza de Pambre, única fortaleza galega imbatible nas Revolucións Irmandiñas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?