Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Francisco Javier Rodríguez renova como director da ESEI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Francisco Javier Rodríguez renova como director da ESEI

Redacción
Publicado: 09/05/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_esei19_director.jpgFrancisco Javier Rodríguez vén de renovar como director da Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense, Universidade de Vigo, logo de acadar a súa candidatura (a única presentada) un total de 34 votos a favor e dous en branco. Rodríguez, deste xeito, continuará tres anos máis á fronte da ESEI, sendo os seus principais desafíos consolidar e visualizar o labor do centro e subir novos chanzos en materia de excelencia. Agradecendo o apoio dos colectivos universitarios nos últimos tres anos de goberno, o director comprometeuse a dar continuidade á política desenvolvida nese período.
O equipo de dirección liderado por Francisco Javier Rodríguez está formado polas profesoras e profesor María Encarnación González, secretaria; Eva Lorenzo, subdirectora de Calidade e Acreditación de Títulos; Rosalía Laza, subdirectora de Organización Académica, e Pedro Cuesta, subdirector de Planificación e Relacións Externas.
No seu discurso, o director da escola comezou “agradecendo a oportunidade que me destes de continuar o mandato de dirixir a ESEI os próximos tres anos. Darvos as grazas polo apoio para continuar e por alentar tamén ás persoas que me acompañan neste equipo. Isto permítenos continuar cara unha nova fase pero seguindo as ideas e os principios xerais que rexeron este período de dirección da escola”.
Facendo reconto dos fitos da súa andaina á fronte da ESEI, Francisco Javier Rodríguez salientou a superación da acreditación “Eur-Inf” que “estamos a piques de recibir” e que converterá ao centro “no primeiro Grao en Enxeñaría Informática de Galicia en ter este selo europeo de calidade”. Outros obxectivos conseguidos, engadiu, “foron a consolidación de actividades e a súa difusión na sociedade, como a Feira de Emprego ou a Hora do Código”. Tamén enxalzou o impulso á presenza da escola en órganos de decisión da Universidade de Vigo e como se conseguiu “ser o primeiro centro da Universidade en canto a participación nas enquisas de satisfacción e nos resultados dos informes de avaliación e seguimento”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?