Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A loita contra a velutina e unha app de seguridade na estrada, premiadas en Galiciencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A loita contra a velutina e unha app de seguridade na estrada, premiadas en Galiciencia

Redacción
Publicado: 10/05/2019
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

premios_galiciencia_2019.jpgA edición 2019 da feira Galiciencia, organizada esta semana pola Tecnópole en Ourense, entregou hoxe os seus galardóns ás mellores contribucións científico-tecnolóxicas da rapazada galega e doutras comunidades: impulsos ao talento innovador e visionario que todas as nosas mozas e mozos levan dentro. O primeiro premio foi dar a un proxecto para loitar bioloxicamente contra a avespa asiática. Foi desenvolvido por estudantes pontevedreses (Nuno Sinde e Pedro Fernández, do Colexio Internacional SEK-Atlántico de Poio) e proclamouse como proxecto gañador absoluto da Galiciencia 2019.
O seu enxeño, como dixemos, vai directamente encamiñada a loitar contra a dita especie invasora, e faino tirando proveito de fungos. O proxecto foi o mellor valorado polos 40 membros do xurado entre as 50 iniciativas que competían polo premio final, dotado con 1.000 euros para financiar a súa participación noutra feira científica de carácter estatal, a Exporecerca 2020 (Barcelona).
Durante tres días, o stand de Nuno e Pedro contou coa presenza dun niño de avespa velutina e varias placas de cultivo que mostraban os resultados do seu método. Partiron da idea de buscar un axente natural para controlar a invasión deste insecto, procedente de Asia e que está destruíndo moitas abellarizas no norte da Península Ibérica desde a súa chegada no ano 2005. O controlador natural testado con éxito polos alumnos é un fungo, o Cordyceps militaris, que, segundo comprobaron, pode inocularse nos niños das avespas e alimentarse das quitinas das súas larvas, reducíndose así a súa poboación e evitando o uso de insecticidas químicos.
Durante os tres días que durou a primeira edición de primavera da Galiciencia pasaron pola exposición de proxectos e as actividades paralelas máis de 2.000 visitantes. O evento estivo organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).
O segundo premio, dotado con 500 euros para asistir á feira científica vasca homóloga da Galiciencia, a Zientzia Azoka, correspondeulle ao sistema de acendido intelixente para vehículos acoplado a un alcoholímetro, que evita que persoas cunha taxa superior á permitida poidan conducir ebrias bloqueando automaticamente, e sen opción a manipulalo, o arrancado do motor. Baixo o nome Se bebes, non conduces, Pablo Páramo, do Colexio Maristas Santa María de Ourense, propúxose contribuír a paliar a causa maioritaria dos accidentes de tráfico: o consumo de alcol e drogas. O seu enxeño incorpora un sensor que vai directamente conectado ao móbil do condutor e que, en caso de que a proba de alcolemia dea positivo, pregúntalle ao usuario se quere un taxi e chámao de xeito automático.
En terceiro lugar quedou Iria González, do Campamento tecnolóxico T2W de Tecnópole. Esta estudante ourensá demostrou que a aparente base de azar do programa de televisión The Wall é falsa. Neste programa, lánzase unha esfera en caída libre dentro dunha máquina de máis de 12 metros de altura para determinar a cantidade de diñeiro que o concursante recibirá. En teoría, é o azar o que decide onde aterra a esfera entre as 15 zonas de recepción que ten asignada unha suma de capital, pero Iria demostrou que as probabilidades de cada zona non son iguais e que estas varían segundo a zona de lanzamento.

Mencións especiais

galiciencia_2019_participantes.jpgDe xeito complementario, entregáronse varias mencións especiais por categorías. Na categoría especial de saúde e bos hábitos resultaron gañadores Roi Santos e Sofía Prieto, do Colexio SEK-Atlántico de Poio (Pontevedra). A súa proposta dunha cadea de comida rápida saudable, orgánica e personalizada para cada cliente foi a mellor valorada entre os proxectos dedicados á temática especial desta Galiciencia. Health&So permite que tanto os pedidos como o pago se leven a cabo a través dunha aplicación móbil. O cliente crea un perfil introducindo toda a información persoal necesaria: altura, peso, alerxias, intolerancias ou calquera outra necesidade médica, así como a súa dieta (se é vexetariano/a, vegano/a, etc.). A partir disto, a aplicación crea e encarga un menú adecuado ás súas necesidades nutricionais.
O proxecto de concienciación sobre a protección solar de Andrea Lage e Noa Fernández, do IES María Casares de Oleiros (A Coruña), fíxose co recoñecemento á mellor presentación e comunicación oral. Conscientes dos problemas de saúde causados pola exposición ao sol, as alumnas quixeron coñecer que percepción ten a poboación e cales son os seus hábitos de fotoprotección. Da súa investigación despréndese que compre difundir mellor as claves dun bronceado intelixente e concienciar do risco da exposición ao sol fóra de praias e piscinas.
Como proxecto máis innovador, foi premiado ComunicaTEX, creado por María Buceta e María Seoane, do IES A Xunqueira II de Pontevedra. A súa proposta consiste en aplicar as utilidades dos wereables (nome co que se coñecen os téxtiles con algún tipo de elemento electrónico incluído) como elementos de inclusión social. As dúas estudantes crearon materiais e-téxtil capaces de axudar a comunicarse a persoas con diversidade funcional mediante sons e luces.
Por último, o estudo sobre a ecoloxía e distribución da donacilla cornea na Ría de Aldán de alumnas do Colexio Alborada de Vigo foi distinguido polo método científico e proceso de investigación mellor definido. Sara Regades e Lucía Navarro decidiron investigar este bivalvo das rías galegas que case non está estudado e que en Andalucía estivo a piques de desaparecer pola súa extracción indiscriminada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?