Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea consegue dous recoñecementos polos portais uvigo.gal e cortsvalencianes.es
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea consegue dous recoñecementos polos portais uvigo.gal e cortsvalencianes.es

Redacción
Publicado: 10/05/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

balidea_premio.jpgBalidea, empresa TIC da nosa terra, vén de lograr dous importantes recoñecementos (dous Splash Awards) no Drupal Camp Spain, o máis importante evento estatal dos que se celebran arredor da tecnoloxía de desenvolvemento Drupal. Estes premios fóronlle concedidos á firma de Santiago polo labor levado a cabo co novo portal da Universidade de Vigo (mellor web de educación) e pola web institucional de Lles Corts Valencianes (mellor web gobernamental). As distincións recolleunas este xoves en Conil de la Frontera (Cádiz) o director de Desenvolvemento e Produción TIC de Balidea, Diego Arias. Das nove categorías existentes, Balidea triunfou en dúas.
Polo que respecta ao novo portal da Universidade de Vigo, https://www.uvigo.gal, foi premiado como a mellor web na categoría Education. O portal viu a luz en maio de 2018, tras un proceso que arrincou meses antes coa participación de varios equipos baixo a coordinación da área TIC da universidade. Balidea encargouse do desenvolvemento do portal, empregando Drupal 8. Deste proxecto destaca especialmente a reutilización de información grazas á conexión coas aplicacións de xestión coas que conta a universidade, recollendo información como o directorio, os avisos, a normativa, as convocatorias, os cursos, as actividades, as noticias e os eventos da axenda.
balidea_premio_2.jpgPolo que se refire ao portal de Lles Corts Valencianes, https://www.cortsvalencianes.es, foi merecedor do galardón na categoría de Government. Balidea desenvolveu esta web en Drupal 8. Trátase dun proxecto multisite con catro partes diferenciadas: o portal xenérico, o de Transparencia, o de Participación Cidadá e a intranet de uso interno para todo o persoal de Lles Corts. Entre as súas características destaca o acceso directo a plenos en tempo real, a xestión da documentación parlamentaria e a consulta histórico de lexislaturas, así como a integración de redes sociais e a habilitación e posta en macha dun sistema de comentarios.
Ámbalas webs desenvolvidas por Balidea participarán agora nos Global Splash Awards, que premian os mellores proxectos a nivel europeo. Estes premios entregaranse na DrupalCon Europe 2019, que se celebrará en Amsterdam do 28 ao 31 de outubro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?