Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aula Informática do Milladoiro foi empregada en 2018 por 1.350 persoas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aula Informática do Milladoiro foi empregada en 2018 por 1.350 persoas

Redacción
Publicado: 13/05/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

curso-iniciacion-informatica-jupemi.jpgO Concello de Ames (Concellería de Educación e Cultura) fixo balance da actividade xerada pola Aula de Informática de Milladoiro, posta en marcha no ano 2003. Segundo se fai saber no reconto, a aula conta con máis de 1.620 socios e socias, dos cales 32 foron novas altas producidas ao longo de 2018. Asemade, un total de 1.385 persoas empregaron o servizo o pasado ano en horario de Aula Aberta, para realizar xestións e/ou practicar o aprendido nalgún dos once obradoiros organizados pola propia aula. Estas formacións contaron coa asistencia de preto dun cento de persoas.
A maiores do devandito, nos catro meses transcorridos dende o comezo de 2019, máis dunha trintena de persoas participaron nalgunha das formacións fornecidas, entre elas o curso de iniciación en Internet destinado aos membros de JUPEMI, finalizado nos últimos días.
Dende a posta en marcha da Aula de Informática do Milladoiro, en 2003, un total de 44.544 usuarios e usuarias fixeron uso do servizo de Aula Aberta.
O obxectivo deste servizo é facilitar que a veciñanza que non conta cun equipo informático ou con rede, ou que non poden acceder á Internet por calquera motivo, poidan realizar diferentes tarefas como traballos persoais, consultar o correo, ler o xornal, xogar, buscar información dende as instalacións municipais.
Por outra banda, a aula tamén organiza unha ampla variedade de cursos e obradoiros dirixidos a sectores concretos da poboación, os cales se establecen en función da idade ou do tema. No primeiro trimestre de 2018 ofreceuse un obradoiro sobre a creación dunha conta de correo electrónico, un taller para a procura de emprego na Rede e unhas xornadas de iniciación a Internet. Entre abril e xullo impartiuse un curso de mecanografía dirixido a nenos e nenas de 9 a 12 anos e outro destinado a rapazas/es de 13 a 18 anos, ademais dun curso sobre o procesador de textos e un obradoiro sobre como realizar compras en liña de xeito seguro.
Ademais, entre os meses de xaneiro e xullo a aula acolleu un obradoiro de alfabetización dixital para a Escola Integral de maiores do Milladoiro. Por outra banda, durante o último trimestre do ano, ofreceuse un novo curso sobre como crear, configurar e usar unha conta de correo electrónico; ademais dun obradoiro de alfabetización dixital dirixida a maiores de 16 anos, e un taller para nenos e nenas de 9 a 12 anos sobre a elaboración de presentacións en Impress mediante un conto de Nadal. Así, no 2018 a Aula de Informática do Milladoiro organizou un total de 11 ofertas formativas, que contaron coa participación dun total de 92 persoas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?