Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Portal da Lingua conmemora o 17 de maio cunha ducia de vídeos con Antón Fraguas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Portal da Lingua conmemora o 17 de maio cunha ducia de vídeos con Antón Fraguas

Redacción
Publicado: 15/05/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

letras_galegas_portal_lingua_fraguas.jpgXa vai quedando menos para o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, que ademais, tamén é o Día Internacional da Internet, con todo o que isto significa (por exemplo, que as galegas e os galegos temos que estar na Rede si ou si, deixando fonda pegada do noso). Con motivo desta dupla celebración, a Consellería de Cultura e Turismo está a envorcar esforzos no Portal da Lingua Galega, o portal www.lingua.gal, onde se difunden (dende hoxe, na sección adicada ás Letras Galegas de 2019) unha ducia de vídeos de conversas co escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas: o historiador, etnógrafo e profesor Antón Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999).
Segundo informan dende a Consellería, estes audiovisuais pertencen ao proxecto Antonio Fraguas, da aldea á Academia, elaborado por Acuarela Comunicación coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística por medio desta entidade autonómica. Trátase dunha escolma de conversas do director de cinema Xan Leira co autor das Letras Galegas 2019 gravadas nos anos 1997 e 1999, poucos meses antes do pasamento de Antonio Fraguas.
As 12 pezas que conforman o proxecto refírense a diferentes momentos da vida do polígrafo de Cerdedo-Cotobade e, a través dela, da historia social, cultural e política da Galicia do século XX. Nelas amósase a importancia que o autor lle daba á investigación, recuperación e transmisión do saber popular para elevalo a categoría académica. Este contido vese reflectido nos títulos dos doce vídeos: Os primeiros tempos, Castelao, o seu mestre de debuxo, As Irmandades da Fala, O Seminario de Estudos Galegos, O Partido Galeguista, A campaña polo Estatuto, O seu ingreso na RAG, Reflexións sobre a lingua galega, Mitos e lendas, Sobre o traxe tradicional galego, Sobre os oficios e Sobre os xogos tradicionais.
Os audiovisuais forman parte dos recursos que o Goberno galego pon a disposición dos equipos de dinamización da lingua, centros de estudos galegos e, en xeral, da cidadanía, para difundir a vida e a obra do autor a quen se lle rende homenaxe o Día das Letras Galegas. Entre eles unha biografía de Fraguas, imaxes, vídeos, unidades didácticas e recursos elaborados polos propios equipos de dinamización da lingua dos centros educativos: xogos, cancións, carteis e ata un telexornal. Todos eles están accesibles en www.lingua.gal/letras-galegas-2019.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?