Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vigo abre unha xanela ao futuro do naval
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vigo abre unha xanela ao futuro do naval

Redacción
Publicado: 15/05/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

foro_naval_4.0.jpgEste martes falouse en Vigo de novas tecnoloxías e de Intelixencia Artificial para o ámbito da construción de buques. Foi na primeira edición do Foro Internacional de Tecnoloxías 4.0 aplicadas ao Sector Naval, impulsadas pola Deputación de Pontevedra. Na cita, celebrada no Teatro AFundación, participaron expertos internacionais debatendo sobre visión artificial, realidade aumentada, monitoraxe de procesos, robotización e plataformas colaborativas. Na xuntanza interviñeron Abel Caballero, alcalde de Vigo, e Carmela Silva, presidenta da Deputación.
O rexedor vigués salientou a relevancia das sinerxías para adaptar o naval á contorna 4.0 (avanzada en automatización, intelixencia, rendemento, eficiencia e sustentabilidade), e a presidenta da Deputación de Pontevedra mostrou a súa satisfacción co proxecto IN 4.0, que ten como obxectivo que o naval se adapte a este novo modelo produtivo da industria.
A xornada tamén veu da man da Asociación de Industrias Metalúrxicas (ASIME) e a Agrupación industrial Naval de Galicia (ACLUNAGA). O vicepresidente de ASIME, Rafael Outeiral, salientou as oportunidades do foro para mostrar as vantaxes de cinco tecnoloxías seleccionadas entre un total de 20 “que cremos que son as que mellor se adaptan ao sector naval e están listas para ser aplicadas”. Outeiral engadiu “que as empresas temos que facer un esforzo interno para adaptarnos e mellorar os nosos procesos”. Pola súa banda Óscar Gómez, xerente de ACLUNAGA, reclamou maiores apoios para “un sector estratéxico que ten tantos traballadores detrás”. Tamén participou o director xeral da Mariña Mercante, Benito Núñez, que destacou a necesidade dun sector naval “máis limpo e respectuoso co medioambiente e máis dixitalizado”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?