Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta mira ao ano 2030 para definir a súa nova estratexia dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta mira ao ano 2030 para definir a súa nova estratexia dixital

Redacción
Publicado: 16/05/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20190516_feijoo_02.jpgO presidente Alberto Núñez Feijóo informou durante a rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta da aprobación do inicio do proceso de elaboración da Estratexia dixital de Galicia 2030, un itinerario para a vindeira década destinada a que Galicia estea preparada para afrontar os retos da futura dixitalización e poida beneficiarse das oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías.
Feijóo explicou que esta nova estratexia pivotará sobre 4 piares que estarán aliñados coas políticas europeas da futura dixitalización. O primeiro deles será a capacitación dixital, xa que o 90% dos empregos requirirán esa cualificación, en segundo termo, engadiu, favorecerase un clima de confianza e transparencia, asegurando que as tecnoloxías emerxentes respecten a privacidade e as normas éticas. O terceiro dos vectores favorecerá a consolidación dun ecosistema dixital forte, e, por último, o cuarto dos piares contemplará a promoción do liderado dixital coa misión de impulsar proxectos demostradores con impacto de transformación nos diferentes sectores económicos.
A metodoloxía de elaboración da nova estratexia dixital derivará do Centro Común de Investigacións da UE, polo que haberá tanto paneis de profesionais, como unha comisión permanente de expertos. Ademais, será un proceso participativo no que se terán en conta as achegas das empresas e dos axentes sociais.
Galicia leva tempo apostando pola dixitalización, e a este respecto o presidente da Xunta fixo hoxe referencia á Axenda Dixital de Galicia 2014 e 2020, coas que se mobilizaron en 10 anos preto de 3.000 millóns de euros entre capital público e privado, facilitando, por exemplo que en 2018 o 50% dos trámites da Administración Pública fosen telemáticos ou que no ensino todas as aulas desde 5º de primaria a bacharelato conten con dotacións mínimas dixitais e preto de 20.000 estudantes utilizan só o libro dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?