Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mañá remata a fase de propostas de investimento dos Orzamentos Participativos da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mañá remata a fase de propostas de investimento dos Orzamentos Participativos da Coruña

Redacción
Publicado: 20/05/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

orzamentos_participativos_2146fd2f188a36c43bfc36eb82e2.jpgA Concellería de Participación e Innovación Democrática da Coruña, Claudia Delso, informou de que este martes finaliza a primeira fase da nova edición dos Orzamentos Participativos, o programa de democracia directa posto en marcha polo goberno local mediante o cal a veciñanza decide libremente o destino dunha parte do presuposto municipal. A través dun proceso de achegas, apoios, valoración técnica e votación, a cidadanía escolle as iniciativas de gasto que pasarán a formar parte do proxecto de Orzamento Xeral do 2020.
De cara a esta edición do programa, a cuarta, destinaranse 3 millóns de euros, que se dividirán en 1 millón para o conxunto da cidade, e 2 que se redistribuirán, equitativamente, entre os 10 distritos do termo municipal, contando así con 200.000 euros por distrito. As propostas que a veciñanza pode presentar teñen que ser investimentos, de competencia municipal e que o seu custo non supere o importe máximo de 1 millón de euros nas propostas da cidade (no caso de superar o máximo de 200.000 asignado a distrito, a iniciativa reclasificarase como achega para o conxunto). Ademais, deberán ser legais e viables tecnicamente, e poderán abranguer numerosos ámbitos, como infraestruturas, medio ambiente, mobilidade, coidados e servizos sociais, turismo, emprego, cultura, deporte, promoción social, igualdade, saúde ou promoción económica, entre outros.
Todas as persoas empadroadas na Coruña e maiores de 16 anos poden presentar as súas propostas a través da páxina web A Porta Aberta, que sustenta o proceso, e na que se poden consultar as achegas que se recibiron desde o 25 de abril, así como os proxectos e o seu estado de execución que se levaron a cabo noutras edicións. Para poder propoñer, priorizar ou votar as propostas, é necesario ter cunha conta de usuaria do portal. As persoas que xa participaron noutras edicións non terán que crear un perfil novo, e todas aquelas que teñan dúbidas para acceder ou crear unha conta, poden solicitar colaboración no teléfono de atención cidadá 010. Ademais, como é habitual, e de cara a favorecer a participación, o Concello conta con puntos de apoio presencial, como son as bibliotecas municipais, os centros cívicos, o CMIX e a Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?