A páxina web de videoxogos nacida na Coruña, Vandal.net, experimentou toda unha revolución hai un par de anos, cando celebrando os seus 20 anos de existencia conseguiu facerse coa confianza de El Español, medio que converteuse no accionista maioritario da publicación de videoxogos que estaba entre os primeiros postos do mundo en español, e que vén de situarse en cabeza en España segundo datos de Comscore.
Vandal rexistrou 1.963.000 usuarios únicos en España no mes de abril (o que supón un incremento interanual do 14%), colocándose por primeira vez por diante de 3DJuegos, Hobbyconsolas e Meristation, fito que o seu fundador, Pablo Grandío, considera «resultado do esforzo e do traballo de cada día», así como da aposta por «contidos exclusivos e diferentes que só podes ler en Vandal».
Froito da colaboración de Vandal con El Español non só podemos ver como superaron aos seus competidores máis directos, senón que nas últimas semanas tamén animáronse a lanzar Quincemil, un novo medio dixital con información enfocada ao público da provincia da Coruña.
Vandal convértese na páxina web de videoxogos líder en España
Compartir Este Artigo

