Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Plan Único 2019 da Deputación de Lugo destinará máis de cen mil euros á eAdministración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Plan Único 2019 da Deputación de Lugo destinará máis de cen mil euros á eAdministración

Redacción
Publicado: 21/05/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

1lw4071769-7-5bae25984cedfd0026a771a4.jpgA Deputación de Lugo aprobou o Plan Único 2019, dotado con 24,5 millóns de euros e orientado a “impulsar as prestacións públicas, os servizos sociais e o emprego”. Entre as iniciativas que contempla o plan tamén hai presenza de medidas tecnolóxicas e de fomento da innovación e o coñecemento. Por exemplo, un total de 105.000 euros serán destinados a impulsar nos concellos da provincia os procedementos dixitais para a comunicación e interacción coa cidadanía, o que se vén chamando Administración Electrónica.
O plan, que foi aprobado hoxe en sesión extraordinaria e por unanimidade, contempla accións nos 67 termos municipais lucenses. Entre as principais partidas atópase as de novos investimentos, que vén con 16,7 millóns. A través deste apartado executaranse 329 obras de mellora en prestacións na totalidade dos concellos, amais de xerar ou manter un mínimo de 1.000 postos de traballo para a súa realización. Amais, 3 millóns de euros irán destinados ao Servizo de Axuda no Fogar a persoas non dependentes, que permitirá ofrecer atención profesional a uns 3.000 maiores da provincia, ademais da contratación dun mínimo de 300 profesionais a xornada completa e durante un ano.
Por outra banda, reservaranse 3,6 millóns de euros para a xeración de postos de traballo, cos que a Deputación asume os custos laborais pola contratación duns 315 novos lucenses en paro nos concellos que participen no programa Depuemprego. Amais, destinaranse 650.000 euros para a celebración de 55 citas turísticas e gastronómicas de 44 Concellos, e 490.000 euros para 40 accións culturais noutros 40 municipios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?