Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone proba o 5G transfronteirizo entre Tui e Valença do Minho
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone proba o 5G transfronteirizo entre Tui e Valença do Minho

Redacción
Publicado: 22/05/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20190522_feijoo_01.jpgVodafone España e Vodafone Portugal, xunto a Ericsson, realizaron hoxe con éxito a primeira conexión 5G de datos transfronteiriza en mobilidade do mundo, entre as localidades de Tui (Pontevedra) e Valença do Minho (Portugal). O acto contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; António Coimbra, presidente e CEO de Vodafone España; Mário Vaz, CEO de Vodafone Portugal; e José Antonio López, presidente e CEO de Ericsson España.
vodafone_roaming_5g_40940499393_5a940eb360_o.jpgAntónio Coimbra (Vodafone España), comentou que «este novo fito mundial confirma a Vodafone como referente tecnolóxico de 5G tras realizar tamén a primeira chamada 5G e a primeira conexión 5G sobre smartphones reais do mundo. A colaboración hispanolusa é fundamental para vertebrar as redes 5G na península ibérica e deste xeito poder afrontar os novos retos que exporá unha sociedade con millóns de dispositivos conectados a Internet de forma simultánea».
José Antonio López (Ericsson España) comentou que «o 5G beneficiará a consumidores e industrias e levará a Internet das Cousas a un nivel superior. Ericsson e Vodafone manteñen unha sólida colaboración para a innovación. Este importante fito tecnolóxico permite conectar, por primeira vez, dous países a través de 5G en mobilidade e supón un paso importante na construción dun ecosistema sólido para facer que 5G sexa un éxito».

Contidos
  • Vigo e A Coruña estarán entre as primeiras cidades europeas con 5G
  • Primeira conexión transfronteiriza con 5G

Vigo e A Coruña estarán entre as primeiras cidades europeas con 5G

20190522_feijoo_02.jpgPola súa banda, Alberto Núñez Feijóo resaltou que Galicia conseguiu conformar un nodo 5G co compromiso de Vodafone, Telefónica e Orange, para realizar 9 casos de uso do 5G ata 2020, entre so que destacan 3 proxectos piloto de Vodafone: un en materia de extinción de lumes, outro cunha ambulancia 5G que facilita a monitorización remota de pacientes críticos, e unha terceira de xestión do tráfico en interseccións coa comunicación entre vehículos e viandantes.
O presidente da Xunta tamén salientou que á grandes cidades españolas nas que confirmouse a cobertura 5G a partires do vindeiro verán xuntaranse as cidades de Vigo e A Coruña.

Primeira conexión transfronteiriza con 5G

roaming_5g_tojor.jpgDous xogadores profesionais do club de Esports Vodafone Giants (Ricardo Fox Pacheco e Toni Tojor Jordá) completaron o traxecto entre Tui e Valença en dous coches mentres xogaban en cadansúa tableta a PUBG Mobile.
Durante o devandito traxecto os gamers gozaron das vantaxes de 5G, mantendo unha conexión estable e ininterrompida no cruzamento de fronteira. O gaming é un dos sectores que se verá máis beneficiado desta tecnoloxía, xa que proporciona as latencias necesarias para xogar en tempo real en calquera momento e en calquera lugar. O 5G reducirá notablemente os tempos de resposta das aplicacións móbiles, permitindo a aparición de novas categorías de xogos móbiles, así como de potenciais campionatos e ligas profesionais nestas plataformas.
A demostración foi realizada na rede pre-comercial de Vodafone usando os sistemas de radio e infraestrutura de núcleo de rede de Ericsson, así como 8 antenas 5G. As antenas instaláronse en estacións base existentes en Portugal e en España. Isto permitiu aproveitar a rede 4 G de última xeración de Vodafone, xunto coas especificacións do estándar 5G Non-Standalone (NSA) pechadas polo sector para a comercialización desta tecnoloxía. Ademais, para esta demostración utilizouse Massive MIMO e outras tecnoloxías en desenvolvemento. Estas son dous das innovacións que permitirán desenvolver a nova xeración de comunicacións móbiles, proporcionando maiores capacidades e eficiencia.
vodafone_roaming_5g_47855069262_541cbe6890_o.jpgNesta demostración do potencial de 5G tamén participaron Groupe PSA, CTAG (Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia) e a Xunta de Galicia, como socios destacados de Vodafone e Ericsson no desenvolvemento conxunto de futuras aplicacións para Vehículo Autónomo e Conectado, cuxos ensaios utilizan o corredor europeo O Porto-Vigo.
CTAG desenvolve proxectos internos, con empresas e tamén participa en numerosos proxectos de I+D europeos. O Centro conta cunha ampla experiencia no desenvolvemento da electrónica e os sistemas intelixentes no automóbil, e neste proxecto centrouse no tratamento de datos do vehículo, os servizos cooperativos de seguridade, ademais de traballar na integración do receptor 5G e as pantallas utilizadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?