Entre as moitas malas novas ao redor de Huawei que están a ver a luz estes días, unha que sorprende é que veñen de detectar que a SD Association eliminou á compañía chinesa da súa listaxe de entidades asociadas, o que podería levar a que Huawei non poida incorporar rañuras para tarxetas microSD e SD nos seus dispostiivos.
A SD Association ten sede nos EE.UU., polo que veríase forzada a respectar o veto a Huawei, o que claramente non afecta aos equipos actuais do fabricante chinés, pero impediríalle integrar lectores de tarxetas de memoria, que aínda que cada vez están menos presentes en ordenadores persoais e smartphones de alta gama, nos produtos das gamas baixa e media son aínda moi populares, e carecer de tal opción podería provocar unha grande desvantaxe competitiva.
Huawei non poderá incluír rañura para tarxetas microSD en futuros produtos
Compartir Este Artigo
