Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os 200 participantes no Seminario de Loxística mergulláronse no Big Data
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os 200 participantes no Seminario de Loxística mergulláronse no Big Data

Redacción
Publicado: 23/05/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_seminario_loxistica.jpgEste mércores celebrouse na Escola de Enxeñaría Industrial da UVigo a 27 edición do Seminario de Loxística, unha reunión de traballo na que participaron arredor de 200 persoas, entre profesionais e estudantes. Os temas a tratar foron moitos e variados, pero houbo unha cuestión que focalizou boa parte dos asuntos abordados: a cuestión da información a gran escala e os métodos intelixentes para xestionala, almacenala, tratala e tirar dela conclusións de valor. Tanto para mellorar o día a día dos cidadáns e das empresas como para impulsar todo tipo de proxectos de investigación científica e tecnolóxica.
Asemade, afondouse nun tema moi relacionado co devandito: as cousas que son propias da Industria 4.0. Segundo se lembrou, a globalización económica e a Industria 4.0 traen consigo retos, cambios de paradigma e a adaptación a novas tecnoloxías para todos os actores implicados no tecido industrial, incluíndo os departamentos de loxística e xestión da cadea de subministro.
O evento, organizado polo Grupo de Enxeñería de Organización, é, en palabras do director da Escola de Enxeñería Industrial, Juan E. Pardo, “un clásico, un punto de encontro onde temos a oportunidade de compartir experiencias que sirvan de inspiración nos nosos proxectos”, polo que felicitou ao profesor Jose Carlos Prado, responsable da organización.
Como dixemos, esta edición centrouse no Big Data e nos retos da loxística na contorna da Industria 4.0. Deron conta das súas experiencias con estas tecnoloxías os representantes de consultoras como PricewaterhouseCoopers e empresas como GKN Driveline Vigo, Vegalsa-Eroski.
A primeira das conferencias, sobre a aplicación de análise de información a gran escala na xestión das cadeas de subministro, correu a cargo de Aníbal Vian, egresado da EEI da UVigo e hoxe responsable de operacións de PricewaterhouseCoopers (PwC). Na súa intervención abordou a importancia do Big Data no ámbito da cadea de subministro das empresas en diferentes eidos, “xa que a loxística non se refire unicamente a cousas materiais, senón que moitas veces trátase de intanxibles que tamén se mercan en sectores como a banca”.
Seguindo coa temática central da edición deste ano, Jorge Ortega, enxeñeiro de Loxística en GKN Driveline Vigo, presentou un relatorio titulado Una experiencia de implantación de AGVs para dar servicio a las líneas de produccción, centrado no emprego de vehículos de guiado automático nas cadeas produtivas das empresas.
A xornada completouse coa intervención de Fernando Casal, director de Loxística en Vegalsa-Eroski, cunha conferencia sobre retos e desafíos de loxística no grupo, e Miguel Carballás e Jorge Yañez, responsables de produción e I+D+i en Partenón, empresa galega referente no deseño e confección de vestiario técnico para corpos e forzas de seguridade, que explicaron o proceso de implantación e mellora de indicadores e captura de datos na compañía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?