Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os expertos reunidos en GaliciaTIC coinciden en alentar a transformación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os expertos reunidos en GaliciaTIC coinciden en alentar a transformación

Redacción
Publicado: 23/05/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Os participantes no debate de apertura
Os participantes no debate de apertura
Hoxe celebrouse en Santiago, na Cidade da Cultura e ante a presenza duns 250 asistentes, a nova edición (a 27) de GaliciaTIC, o senlleiro encontro tecnolóxico galego. No congreso, organizado pola asociación de empresas dixitais Ineo, participaron relatores de primeiro nivel, ata 30, como por exemplo Ed Gabrys, experto analista da consultora Gartner, quen pronunciou a conferencia inaugural. Gabrys asegurou que para que a transformación dixital “sexa efectiva” é preciso que as organizacións e empresas aposten “polo cambio cultural”.
E engadiu: “Coido que o problema real non é que a cultura da organización sexa resistente ao cambio, senón que os líderes de transformación dixital carecen con frecuencia dos métodos ou das ideas para cambiar os comportamentos culturais”.
A XVII edición de GaliciaTIC 2019 congregou a preto 250 asistentes e abordou os retos aos que se enfronta o sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación na nosa terra. Así, nos intres previos á intervención de Gabrys, celebrouse un debate no que participaron expertos da denominada tripla hélice da innovación (administración, universidade e empresa) e que foi moderado polo director do foro, Miguel Merino.
Segundo asegurou Merino, “atopámonos ante un momento clave debido á maduración de tecnoloxías que marcan un antes e un despois na liña do desenvolvemento innovador, que son cada vez máis coñecidas e empezan a ser aplicadas ao mundo empresarial e á sociedade en xeral”. No debate participaron Mar Pereira, directora da AMTEGA; Miguel Merino, en representación da Universidade de Vigo; Fernando Vázquez, director executivo e fundador de Imatia; Ramón Ares, director executivo de Ozona e Luis Sestelo, presidente de Ineo. Os cinco abordaron os desafíos do sector TIC galego e temas como a importancia da internacionalización ou as solucións á escaseza de talento tecnolóxico-dixital.
galiciatic3.jpgMar Pereira, directora de AMTEGA, arrincou o debate falando do impacto que ten a tecnoloxía en todos os aspectos e incidiu en que hai que reforzar o ecosistema dixital coa especialización e as alianzas: “Necesitamos perfís que xestionen e lideren proxectos de transformación dixital que son os que nos sitúan de maneira diferencial en todo o mundo”.
Merino, pola súa banda, explicou que o sector TIC en Galicia representa o 5% do total de España, e que isto só se reflicte nun 2,7 % da súa contribución ao PIB nacional. A este respecto, Fernando Vázquez, de Imatia, apuntou a que “o problema do medre pasa polo investimento” e fixo fincapé na importancia de capitalizar as empresas “para que estas poidan crecer e apostar pola creación de produtos”.
Para Luis Sestelo, é fundamental a colaboración empresarial: “Precisamos que as compañías poidan traballar de maneira colaborativa, fai falta gañar tamaño e especializarse”.
Ramón Ares, CEO de Ozona, salientou que “en Galicia cústanos ceder a propiedade. A maior parte das empresas son froito de iniciativas profesionais que se concretaron en empresas, que son dirixidas polas mesmas persoas que as crearon e ás que lles custa ceder parte da xestión”. Ares animou a todas as tecnolóxicas a “traspasar fronteiras” e fixo fincapé “na calidade das empresas galegas que están internacionalizadas”.
Ao longo da mañá, GaliciaTIC 2019 acolleu outras mesas de debate nas que participaron especialistas de empresas de renome como Orange, Microsoft, Nokia, R, Abanca, Telefónica, Hijos de Rivera, Sanitas ou Deloitte, entre outras moitas. Tratáronse cuestións como a Intelixencia Artificial na empresa, o traballo dixital, a computación na nube, as tecnoloxías 5G, as Cidades Intelixentes, a aplicación das novas tecnoloxías ao ámbito sanitario, a escaseza do talento TIC e a Industria 4.0, automatizada, sustentable e eficiente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?