Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC achega suplementos temáticos galegos para os correctores ortográficos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC achega suplementos temáticos galegos para os correctores ortográficos

Redacción
Publicado: 27/05/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

word-2.jpgA Universidade de Santiago, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, está a mellorar as funcionalidades e o alcance dos correctores ortográficos, co fin de evitar que se marquen como incorrectas (subliñadas en vermello) palabras correctamente redactadas de uso común nos eidos científicos, tecnolóxicos, sociais, empresariais ou relacionado co dereito (termos como “autoemprego”, “monoparental” ou “minicentral”, entre outras moitas).
Segundo informa a USC, hai unha manchea de palabras de uso común que non son marcadas polos correctores debido a posibles erros na escrita, senón que nunha chea de ocasións aparecen subliñadas por causa das propias limitacións da ferramenta informática, uns recursos que traballan a partir dunha listaxe interna de palabras (dicionario) consideradas correctas coa que comparan os textos que revisamos. Así, se un termo non figura na base de datos, márcase como sospeitoso (normalmente subliñada en vermello) e ofrécense alternativas para substituíla.
logo_suplementos.jpg_218119879.jpgOs traballos realizados polo Servizo de Normalización Lingüística teñen a súa orixe nas demandas e dúbidas dos usuarios dos ditos correctores ortográficos sobre textos galegos. “Ocorréusenos que poidamos aproveitar a terminoloxía técnica compilada en bUSCatermos para incorporala aos dicionarios dos correctores aproveitando a posibilidade de suplementalos por medio de dicionarios personalizados”, sinalan dende o dito departamento, engadindo que o que se fixo foi elaborar suplementos temáticos (polo de agora, dos ámbitos de Dereito e de Economía e Empresa) que se instalan como dicionarios personalizados nos paquetes ofimáticos MS Office e LibreOffice. “Ao integraglos e activalos engádenselle á lista de palabras que o corrector considera axeitados varios milleiros de termos técnicos de cada un deses ámbitos, o que evitará que sexan marcadas como sospeitosas cando se utilicen nun documento”, explica o Servizo de Normalización.
Para o contorno Windows os suplementos ofrécense a través dun instalador que simplifica ao máximo o proceso de instalación e activación. Para outros contornos (distribucións Linux, iOS…) cómpre que as persoas interesadas descarguen e instalen manualmente os ficheiros dos respectivos dicionarios. Todo este conxunto de material difúndese coa licenza CC BY-SA 4.0 e pódese descargar libremente desde esta páxina dende a páxina do Servizo de Normalización Lingüística.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?