Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 80 nenas participaron na iniciativa Oracle4Girls no CITIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 80 nenas participaron na iniciativa Oracle4Girls no CITIC

Redacción
Publicado: 27/05/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citic_1.jpgO Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña converteuse este sábado 25 de maio nun centro de traballo das rapazas e para as rapazas Estamos a falar da iniciativa Oracle4Girls, na que participaron máis de 80 nenas e arredor dunha trintena de pais e nais. O obxectivo deste proxecto posto en marcha por Oracle é achegar ás pequenas as disciplinas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics).
O evento, que tivo lugar nas instalacións do CITIC no Campus de Elviña, estivo composto por sete obradoiros de circuítos con plastilina condutiva, de iniciación á programación, de controladores de tráfico e de coches teledirixidos, entre outras actividades creativas. Segundo fai saber o centro coruñés, a metodoloxía utilizada nestes talleres de formación baseouse na realización de pequenos proxectos, que permiten ás nenas e adolescentes gañar autoconfianza.
citic_2.jpgEn canto ás charlas para pais e nais, a primeira delas desenvolveuse baixo o epígrafe O futuro da tecnoloxía e foi impartida pola investigadora do CITIC e coordinadora do Grao en Enxeñaría Informática da UDC, Laura Castro. Centrouse na importancia da tecnoloxía no presente e no futuro, salientando o papel da educación para promover a vocación científica. A segunda charla, Navega con Rumbo, veu da man da analista forense e membro do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Pilar Vila, que achegou recomendacións para un uso seguro de Internet.
O programa Oracle4Girls xa se levou a cabo noutras cidades como Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, Sevilla, Málaga e Xixón, acadando unha participación de máis de 800 nenas en total.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?