Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Euskaltel blinda os centros de datos dos seus clientes con tecnoloxía de VMware
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Euskaltel blinda os centros de datos dos seus clientes con tecnoloxía de VMware

Redacción
Publicado: 28/05/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

2019-05-28_acuerdo_euskaltel_-_vmware_francisco_arteche_y_maria_jose_talavera.jpgO Grupo Euskaltel, no que se integra a operadora galega R, vén de dar un novo paso en materia de seguridade para os seus clientes. E fíxoo da man de VMware, con quen vén de asinar un acordo para ofrecer aos seus usuarios servizos na nube baseados na tecnoloxía de vangarda desta compañía, referente norteamericano en recursos na nube. O obxectivo de Euskatel é, nas súas palabras, ir achegándose ao denominado “risco cero”, previndo potenciais perdas de información e “blindando os centros de datos dos nosos clientes do segmento empresarial”.
A maiores, este sistema dá resposta á lexislación sobre protección dos datos que empresas e institucións almacenan e xestionan no seu día a día. “Coa nosa solución de continuidade de negocio, os nosos clientes teñen a garantía de que os seus sistemas TI están apoiados con seguridade en centros de procesamento de datos do Grupo Euskaltel e sempre dispoñibles e accesibles para os intres en que se precisen, malia as continxencias de diversa tipoloxía: meteoroloxía adversa, incendios, fallos tecnolóxicos ou sabotaxes”.
O Grupo Euskaltel inclúe ao abeiro desta iniciativa un datacenter virtual, consistente nunha nube privada con todos os servizos de cómputo, rede, seguridade e almacenamento necesarios para que cada empresa poida conformar os seus sistemas de tecnoloxías da información. “A solución”, sinala a compañía, “proporciona a conectividade nativa da nube coas redes dos clientes sen limitacións de ancho de banda, completamente aseguradas, e acceso á Rede de 1 GB simétrico con redundancia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?