Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mundos Digitales abre mañá as súas portas na Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Mundos Digitales abre mañá as súas portas na Coruña

Redacción
Publicado: 10/07/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mundos_digitales_dsc00402.jpgO Congreso Internacional Mundos Digitales, que se celebrará na Coruña do 11 ao 13 de xullo, presentouse esta mañá en PALEXCO como a edición máis ambiciosa en canto a programación e ámbitos que cobre o evento, onde a realidade aumentada para broadcast e a realidade mixta como nova liña de creación de contidos súmanse aos xa habituais como son a animación ou os videoxogos. A cita é todo un referente no seu campo e nesta edición reunirá a máis de 1.500 asistentes, o que supón un aumento dun 30% respecto ao ano pasado.
mundos_digitales_dsc00444.jpgAo acto de presentación conducido polo director do congreso, Manuel Meijide, acudiu tamén a nova alcaldesa herculina, Inés Rey, quen salientou que o sector da animación é «parte do noso presente, pero ten que ser parte importante da Coruña do futuro».
No amplo programa deste ano, cabe destacar presentacións dos proxectos máis importantes do ano como Dumbo, Hellboy ou a flamante gañadora do Óscar á mellor película de animación deste ano, Spider-Man: Un Nuevo Universo.
mundos_digitales_dsc00446.jpgA Sesión Especial de El Parque Mágico, a grande aposta para este ano de Paramount Pictures Animation, cun orzamento de 100 millóns de dólares, será unha mostra da magnífica saúde da animación nacional, da que un dos seus supervisores que participará nesta presentación saíu da numerosa canteira que a Universidade da Coruña ten nos estudos máis importantes do mundo.
Un ano máis, unha das actividades máis esperadas do congreso será a Feira de Emprego, que se consolidou como a segunda máis importante de Europa e que congrega a numerosas compañías ávidas de atopar novo talento para incorporar nas súas próximas producións.
mundos_digitales_dsc00431.jpgPero sen dúbida, un dos puntos fortes desta edición será a chegada da realidade aumentada en tempo real para producións broadcast, que cambiará por completo a forma de consumir contidos audiovisuais incorporando personaxes virtuais e escenarios tridimensionales en programas televisivos nos que converxerá a imaxe real e virtual como unha única contorna, e todo iso en tempo real.
A realidade virtual ha vindo para quedar de forma definitiva a través dos novos dispositivos gráficos, pero Mundos Digitales vai un paso máis aló e contará os as últimas tecnoloxías e dispositivos (aínda non dispoñibles no noso país) de realidade mixta. Unha nova onda que se une á realidade virtual para conformar o que se coñece como o mercado inmersivo dos contidos.
O Premio Especial que cada ano entrega o congreso a un profesional pola súa achega ao sector da animación, recae este ano en Gonzalo Rueda, director do estudo Ilion Animation Studios, responsables de producións como Planet 51, Mortadelo y Filemón ou El Parque Mágico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?