Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: XGN R Encounter abre non oficialmente as súas portas este xoves
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

XGN R Encounter abre non oficialmente as súas portas este xoves

Redacción
Publicado: 09/10/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

montaxe-xgn-r-encounter-dsc06842.jpgA party informática XGN R Encounter, que se celebrará na Feira Internacional de Galicia ABANCA do 11 ao 13 de outubro, abre as súas portas de forma non oficial o xoves 10, apertura, que será ás catro da tarde, co que pretenden facilitar o acceso graduado dos inscritos, permitindo a aqueles que o desexen comezar a instalar tanto os seus postos informáticos como os seus útiles para durmir, xa que a party conta con zona de acampada.
O xoves será unha xornada centrada na realización de distintas probas técnicas e de montaxe. Os inscritos que acudan poderán comezar a empregar os seus equipos, aínda que se farán probas para garantir a estabilidade da conexión e a dispoñibilidade da Rede de cara ao comezo oficial ao día seguinte, cando poderán navegar a unha velocidade de 20 Gbps simétricos, a cal duplica a do ano pasado.
montaxe-xgn-r-encounter-dsc06831.jpgPor outra banda, o programa de actividades da XGN R Encounter non comezará ata o venres 11, día oficial da apertura do evento. Será entón cando se poñan en marcha as propostas da área Intranet, orientada a inscritos que poderán participar en numerosas actividades e torneos exclusivos, e tamén as da zona Extranet, a cal conta cun completo programa ao que poderán acceder gratuitamente tanto rexistrados como os visitantes que se acheguen ao recinto
Aínda que a party conta xa con preto de 1.000 inscritos, o que supón un aumento de máis de 100 respecto á pasada edición, as inscricións continúan abertas, pois nesta edición a XGN R Encounter dispón de 1.080 postos de usuario. O prezo é de 40 euros durante a party e de 35 euros si se leva a cabo mediante reserva previa. Quen desexe achegarse á zona Extranet da party terá acceso libre e de balde.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?