Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Login Gaming Bar gaña o I torneo autonómico de LoL
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Login Gaming Bar gaña o I torneo autonómico de LoL

Redacción
Publicado: 23/12/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

final_torneo_autonomico_lol_02.jpgO equipo Login Gaming Bar, clasificado previamente no Espazo Xove de Tui, resultou o gañador do primeiro torneo autonómico de League of Legends (LoL) organizado pola Xunta de Galicia, en colaboración coa Asociación La Grotta, nos 12 Espazos Xoves pertencentes á Administración autonómica. Esta fin de semana celebrouse a fase final deste torneo no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda. No encontro definitivo impúxose ao equipo OTPS+ do Espazo Xove de Betanzos.
Os cinco integrantes do equipo gañador son: Martín García Pérez, Diego Ribas González, Diego López López, Javier Carrera Rodríguez e Tomás Campelos Fernández. Pola súa banda, os nomes dos subcampións son: Manuel Lechuga Meirás, Antón Rodríguez García, Óscar Lenin Veloso Varela, Sergio Andrade Portela e Jesús Molinero Vázquez.
En canto aos premios do torneo, cada membro do conxunto vencedor recibiu unha tarxeta de Riot Points valorada en 100 euros cada unha. Os compoñentes do equipo que quedaron en segunda posición recibiron material de promoción da Consellería de Política Social. Así mesmo, todos os gastos de manutención, transporte e aloxamento durante esta fase final correron a cargo da organización.
final_torneo_autonomico_lol_01.jpgA directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, que asistiu á fase final da competición acompañada do director do recinto feiral, Ricardo Durán, destacou a boa acollida desta primeira edición. O evento desta fin de semana reuniu en Silleda a 80 mozas e mozos de diferentes municipios de toda Galicia. Cristina Pichel subliñou o feito de que as fases previas do torneo se desenvolveran nos 12 Espazos Xoves que conforman a rede pública autonómica, de modo que se conseguiu implicar na iniciativa á xente nova da zona na que se emprazan estes Espazos e da súa contorna. Tamén sinalou que este evento procura promover o coñecemento, a formación e o ocio arredor dos videoxogos, así como xerar comunidade e promover a súa visibilidade social.
Pola súa banda, o responsable do recinto feiral, Ricardo Durán, sinalou que a Dirección Xeral de Xuventude, R e a Feira Internacional de Galicia Abanca teñen unha especial relación co mundo dos videoxogos: pola XGN R Encounter e, desde agora, por este campionato autonómico de League of Legends. Ao respecto, apuntou que «a nosa intención é a de seguir organizando eventos en torno aos videoxogos, que son a parte social que lle faltaba a todo este movemento lúdico global, que chegou para quedarse, e do que queremos formar parte».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Nioh 3 chegará a Xbox en xaneiro

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI convértese no maior lanzamento da historia de PlayStation

24/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?