O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia vai comezar o ano cun completo programa formativo para persoas traballadoras e desempregadas, dirixido a formalas en múltiples vertentes dixitais de utilidade para mellorar a súa empregabilidade e, tamén, os seus coñecementos e habilidades TIC. A axenda de cursos do primeiro semestre de ano desenvolverase en modalidade presencial, o que é de gran importancia para as persoas que non poidan acudir a Santiago, á sede do CNTG.
Para quen queira máis información sobre as actividades formativas previstas (que abranguen contidos tan relevantes como as posibilidades profesionais do hacking ético, o Big Data ou os métodos áxiles), sinalarlle que ten todos os datos precisos ao seu dispor na páxina do CNTG.
A continuación damos conta dos curso que aínda teñen prazo de inscrición aberto:
· Administración de bases de datos MySQL Presencial. Mañá.
Inscrición: ata o 03/01/2020.
· Certified Ethical Hacker. Presencial. Mañá.
Inscrición: ata o 16/01/2020.
· Certified Ethical Hacker. Presencial. Tarde.
Inscrición: ata o 16/01/2020.
· Desenvolvemento Big Data Cloudera para Spark e Hadoop.Virtual.Tarde.
Inscrición: ata o 16/01/2020.
· Dirección de proxectos – CAPM. Presencial. Mañá.
Inscrición: ata o 08/01/2020.
· Dirección de proxectos áxiles – PMI ACP. Presencial.Tarde.
Inscrición: ata o 03/01/2020.
·Google Cloud Certified Professional Cloud Developer. Presencial. Mañá.
Inscrición: ata o 03/01/2020.
·Google Cloud Certified Professional Data Engineer. Presencial. Tarde.
Inscrición: ata o 03/01/2020
·Programación Web con HTML5, JavaScript , CSS3 e ASP.NET. Teleformación.
Inscrición: ata o 03/01/2020.
O CNTG achega un completo programa formativo para persoas traballadoras e desempregadas
Compartir Este Artigo

