O Concello de Lugo vai facer esta semana un importante cambio a nivel tecnolóxico no referente ao seu dominio en Internet, ata o de agora dispoñible en lugo.gal e, a partir deste martes 14 de abril, aloxado definitivamente en concellodelugo.gal, onde se seguirán achegando os mesmos servizos de información pública e dinamización que se viñan subministrando ata este intre. Polo que se refire ao dominio lugo.gal pasará a ser o enderezo da Sede Electrónica do Concello.
Segundo informou o Goberno local, o cambio efectuarase na tarde deste luns 13 de abril. A área de Comunicación municipal achegou nun comunicado desculpas á cidadanía “polas molestias que este cambio pode causar nas primeiras horas”.
A web do Concello de Lugo cambia este martes de dominio
Compartir Este Artigo

