Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arranca mañá a edición virtual da XGN R Encounter cargada de competicións, conferencias, música e humor
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Arranca mañá a edición virtual da XGN R Encounter cargada de competicións, conferencias, música e humor

Redacción
Publicado: 09/10/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

participante-na-pasada-edicion-da-xgn-r-encounter--2.jpgXGN R Encounter, a maior LAN party de Galicia, comeza mañá a súa edición número vinte. Nesta ocasión celebrarase virtualmente debido á situación derivada da COVID-19, a cal supuxo que non sexa aconsellable o seu desenvolvemento de forma presencial.
Aínda que noutro formato, este evento centrado na informática e as novas tecnoloxías non falta así á súa cita anual, contando por cuarto ano consecutivo co patrocinio oficial de R, que tamén proporciona a conectividade, e novamente co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, impulsora da party.
Nesta 20ª XGN R Encounter habilitáronse 1080 prazas virtuais, dispoñibles de forma gratuíta vía web e nas que os interesados poden inscribirse tamén durante a party, a cal se clausurará ás 00.00h da madrugada do domingo ao luns.
A XGN R Encounter 2020 contará no seu programa con máis de 30 actividades lúdicas e formativas. Os inscritos contarán cun gran número de competicións. Na modalidade de arte dixital, algunhas delas centraranse en curtametraxe, dobraxe, ilustración e música dixitais ou retoque fotográfico, mentres que en hardware a modificación e personalización de equipos será protagonista. En software libre o desenvolvemento rápido de videoxogos e a programación de robots serán os retos desta edición e en canto a videoxogos, celebraranse catorce torneos. Sumaranse propostas moi divertidas, como o debuxo analóxico, o R karaoke ou o fast comic, no que haberá que contar unha historia en oito viñetas.
Tamén para inscritos, pero xa abertas ademais a todo o público, haberá numerosas charlas e talleres formativos con temas de gran interese, como intelixencia artificial, informática e estatística, programación ou introdución ao deseño 3D, ademais de propostas máis lúdicas como o de tiras LED programables.

Actuacións e entrevistas

participante-na-pasada-edicion-da-xgn-r-encounter--1.jpgMoitas destas actividades, tanto dirixidas aos rexistrados como abertas ao público xeral, serán retransmitidas e comentadas nun extenso programa que se emitirá en streaming durante os dous días do evento, a través de Twitch.
Este programa, que servirá de fío condutor ao evento, será presentado por dous coñecidos streamers, Mery Soldier e Alexshow. Contará con actuacións musicais, como as de DirectoD2 e Elesky, e con entrevistas, entre as que destacan as que se realizarán ao músico Pablo Novoa (ex Golpes Bajos e La Marabunta), e ao guionista José Antonio Pérez (Mi Mesa Cojea, Órbita Laika). Tamén haberá espazo para o humor, cos televisivos Grison Beatbox e Jaime Caravaca, e para interesantes entrevistas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?