Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Código Cero recibe o Premio Lingua e Empresa do Concello de Ames
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Código Cero recibe o Premio Lingua e Empresa do Concello de Ames

Redacción
Publicado: 30/12/2020
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

premio_lingua_e_empresa_dsc_4198.jpgOnte realizouse a entrega dos galardóns ás empresas gañadoras do Premio Lingua e Empresa do Concello de Ames. O xurado da terceira edición deste premio decidiu, por unanimidade, recoñecer o labor e o compromiso coa lingua de dúas empresas do Milladoiro, o Grupo Código Cero Comunicación e o Centro Óptico e Auditivo Ollar.
Trátase da terceira edición deste premio posto en marcha polas concellarías de Normalización Lingüística e de Promoción Económica. A través desta iniciativa preténdese recoñecer publicamente a contribución ao aumento e á mellora do uso social do galego dende o ámbito empresarial, así como promover o uso da lingua galega na actividade económica do Concello de Ames. Nesta edición o premio establecía dúas categorías, dotadas cada unha delas con 1.500 euros máis unha campaña de difusión na radio de Ames.
No acto de entrega de premios estiveron presentes o alcalde do Concello de Ames, José Miñones, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e a concelleira de Normalización Lingüística, Escarlata Pampín, xunto cos técnicos municipais, Jorge Couñago e Rosa Moreiras. Ademais dos membros do xurado, Miguel López Crespo, técnico da Unión de Consumidores de Galicia, e Antía Rei Martiz, graduada en Lingua e Literatura Galegas e colaboradora no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, así como os representantes das dúas empresas premiadas, Xosé María Fernández Pazos, do Grupo Código Cero Comunicación e, María Martínez Cebey, do Centro Óptico e Auditivo Ollar .
O alcalde, José Miñones, destacou a importancia destes premios que relacionan lingua e empresa: «xa van 3 edicións, polo tanto empeza a medrar, pouco a pouco, este galardón que para nós é moi importante polas dúas vertentes que combina e que é moi necesario potenciar tamén de xeito conxunto, a normalización lingüística e a empresa».
A concelleira de Normalización Lingüística, Escarlata Pampín, deulle as grazas e os parabéns a todas as empresas participantes pola súa responsabilidade social, polo seu compromiso coa lingua e por seren conscientes das vantaxes do uso do galego na comunicación empresarial. «Parabéns por apostar pola lingua galega no eido empresarial e nos vosos negocios para dar fe de que o galego é un elemento que achega calidade, proximidade, diferenciación e innovación. Oxalá estes recoñecementos sirvan para animar a moitas máis empresas a sumárense ao galego e a non desaproveitar as vantaxes que implica o uso consciente da lingua».
Por parte do xurado, Miguel López afirmaba que a Unión de Consumidores de Galicia achega a perspectiva da clientela e dá fe de que os usuarios e usuarias valoran positivamente o uso do galego no ámbito empresarial. A lingua é un valor engadido que proporciona a un tempo diferenciación e proximidade e, pola nosa experiencia, o uso da lingua galega lígase habitualmente coa calidade na atención á clientela. Destacou ademais o uso responsable e coherente que fan da lingua ambas as empresas gañadoras desta edición, unha delas cunha traxectoria en galego ligada ao ámbito tecnolóxico desde hai máis de vinte anos e a outra unha empresa de recente creación que desde o inicio tivo moi claro o uso da lingua tanto na rotulación dos seu establecemento, como na comunicación coa clientela, nas redes sociais e na publicidade en diferentes soportes.

Empresas gañadoras do III Premio Lingua e Empresa

Nesta edición do premio establecéronse dúas categorías:
– Na categoría A, de uso consolidade da lingua, na que participaban empresas que realizan un uso estable e continuado da lingua galega dende hai máis de dous anos, a empresa gañadora foi Código Cero, polo seu labor decidido e comprometido a prol da normalización lingüística no eido da comunicación, nomeadamente no ámbito tecnolóxico. O xurado destacou a aposta pola lingua galega como elemento de marca, o impacto da publicación e a relevancia da súa actividade. Xosé María Fernández, representante da empresa, salientou a importancia destes premios e animou a que se consoliden dado que «iniciativas como estas son cada día máis necesarias porque a situación do galego está indo a peor».
– Na categoría B, de nova incorporación ou creación, participaron empresas que se crearon nos últimos dous anos ou que se incorporaron ao galego dentro dese mesmo período. A empresa premiada foi Ollar, un centro óptico e auditivo do Milladoiro por incorporar a lingua á súa actividade de maneira regular, coherente e implicada, apostando claramente polo galego en todos os eidos, tanto internos como externos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

O videoxogo galego In Nomine Rally pon a proba a capacidade de IA para crear novas e revolucionarias aventuras
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026
Actualidade

O programa de formación dixital para pemes da Deputación da Coruña e o ITG arrinca este martes en Boiro

23/11/2026
Actualidade

Cinfo presenta un centro de control que xestiona máis de 700 eventos deportivos cada fin de semana

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?