Este 23 de marzo temos unha cita coa transformación tecnolóxica e cos recursos e apoios que nos poden axudar, dende a nosa empresa e neste novo contexto con novos e relevantes desafíos dixitais, a conseguila. Estamos a falar da xornada sobre o Programa TICCámaras que organiza a Cámara de Santiago, baixo o epígrafe Axudas TIC para adaptarnos á nova realidade nas empresas culturais. A cita será en liña e de balde, a partir das 16.30 horas. As persoas interesadas xa poden inscribirse a través da web da entidade cameral compostelá.
Participarán Anselmo Díaz Romero, asesor tecnolóxico do Programa TICCámaras, quen falará sobre a implantación de solucións tecnolóxico-dixitais para mellorar a competitividade e as vendas, José Manuel Castro, director executivo (CEO) de Software Compostela, e Marcos Dacosta, director executivo de Invibt Diseño y Desarrollo Web.
A Cámara de Santiago mostra ao sector cultural as principais axudas para adaptarse ao novo contexto TIC
Compartir Este Artigo

