A Cámara de Comercio de Santiago vai organizar este vindeiro 26 de marzo a partir das 10.00 horas unha xornada online moi acaída para facer avanzar ás nosas empresas e persoas autónomas no coñecemento de recursos para acadar unha transformación tecnolóxica o máis protexida posible. Trátase, máis polo miúdo, da Xornada Ciberseguridade e Teletraballo (nivel medio), que se presenta como unha boa oportunidade para coñecermos os aspectos xerais da ciberseguridade e orientalos ao teletraballo. A sesión ten o apoio institucional do INCIBE.
Será impartida pola José Manuel Roviralta, técnico de Ciberseguridade INCIBE, quen abordará aspectos xerais do como salvagardar comunicacións e información online para logo afondar en aqueles orientados ao teletraballo, tendo en conta os actores implicados, empregado e empregador, topoloxías dispoñibles, incidentes e vulnerabilidades aos que se expón o teletraballo, pautas e consellos para realizar un teletraballo seguro, e os recursos que brinda Protege tu empresa para ayudar a las empresas y pymes.
Os recursos para garantir o teletraballo seguro, ao detalle nunha nova xornada da Cámara de Santiago
Compartir Este Artigo

