Esta semana abriu o prazo de inscrición de propostas innovadoras o proxecto Turislab, a primeira aceleradora galega centrada na transformación do turismo, impulsada pola Xunta no marco do Xacobeo 2021. As contribucións (proxectos de desenvolvemento de startups en fase pre-semente ou con menos dun ano de actividade) poderán ser presentadas ata o vindeiro 28 de abril. Inclúe programa de formación e titorías. Esta primeira convocatoria está dirixida ao emprendemento que desenvolva solucións tecnolóxicas innovadoras con aplicacións reais e de valor engadido no sector turístico dentro das seis categorías existentes.
Esta media de ducia de categorías son as seguintes: Gastro Tech, para proxectos 360º do sector gastronómico; Travel Tech, onde se agruparán proxectos de transformación dixital do turismo, as viaxes e as experiencias; Social Tech, que agrupa a conexión entre o dixital e a sociedade; Infrastructure Track, para facer máis accesible o turismo de lecer creando infraestruturas, Camiño de Santiago, onde se agruparán aqueles que poñan en valor ao gran referente de Galicia e Sostibilidade, agrupando proxectos enfocados a asegurar un desenvolvemento sustentable no sector turístico.
O programa de formación da aceleradora está dividido en 3 fases. A primeira é a de Pre-academia, cun 1 mes de duración, na que participarán os 15 proxectos pre-seleccionados de entre todas as candidaturas presentadas. A segunda das fases, a de Academia, durará 6 meses e suporá o núcleo central da aceleradora, onde os 10 proxectos finalistas recibirán todo labor de mentoring e as ferramentas para acelerar os proxectos con vistas a escalalos nos mercados. Finalmente, na terceira e última fase, o Investors Day, previsto para o 10 de decembro, entregaranse os premios e se celebrará un evento onde os emprendedores poderán presentar os seus proxectos directamente a aqueles investidores interesados en financialos.
Abre o prazo de inscrición a primeira aceleradora de transformación turística da nosa terra: Turislab
Compartir Este Artigo

