A Asociación Rianxeira de Empresarios puxo en marcha un campaña en liña para promover o concello e o seu tecido comercial neste contexto de progresiva, aínda que interrumpida, desescalada da COVID. Falamos da iniciativa Canto sabes de Rianxo?, que pon o foco na xuventude. Nela poden participar mozas e mozos de idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos.
Propónselles o reto de buscar, na rede rianxeira de establecementos asociados, unha serie de códigos QR que os guiarán ata unha serie de preguntas sobre lugares e persoeiros da rica tradición cultural de Rianxo.
O desafío está conformado por dez preguntas que as persoas participantes deberán localizar e coa axuda dos seus dispositivos móbiles acceder á web da ARE (onde deberán rexistrarse) para contestalas de xeito correcto (achegando tamén os datos dun titor ou titora).
Entre todos aqueles participantes que respondan de xeito correcto todas as preguntas sortearanse tres lotes compostos por:
· Un vale de 100 € para gastar nos negocios asociados á ARE.
· Un vale de 20 € para pedir comida a domicilio na plataforma de comercio en liña mercarianxo.gal.
· Un lote de material (mochila, botella e taza de mercarianxo.gal e paraugas e bolsa reutilizable da
ARE e o Rianxo CCA).
Os empresarios de Rianxo achegan un xogo de desafíos en liña para promover o comercio
Compartir Este Artigo

