O Centro Penal de Teixeiro (A Coruña) puxo en funcionamento este 19 de agosto un innovador e pioneiro sistema de interpretación simultánea telefónica. O obxectivo que se persegue é facilitar a comunicación de internos estranxeiros cos servizos médicos, ingresos, traballo social…etc. A prisión de Teixeiro é a primeira de Galicia en canto á implantación deste tecnoloxía mediante a cal é posible elixir entre 30 idiomas diferentes.
Instalouse en 3 terminais fixos: a consulta médica, o despacho do persoal técnico e no módulo de ingresos. Ademais, conta cun dispositivo móbil por se fose necesario tirar proveito del en calquera outro espazo do centro.
Nestes momentos, o cárcere galego conta con 159 internos susceptibles de ser usuarios desta nova tecnoloxía. Un interno de nacionalidade xeorxiana foi o primeiro en utilizala. Por medio deste servizo, un funcionario realiza a chamada ao profesional con quen se desexa comunicar, elixe o idioma no que se expresa o interno, selecciona a opción de mans libres e está presente mentres se realiza a consulta desde un terminal específico para este tipo de chamadas. O sistema de tradución simultánea probouse recentemente noutros centros penais españois e está a cumprir o seu labor sen incidencias.
O Penal de Teixeiro estrea en Galicia un sistema telefónico de interpretación simultánea
Compartir Este Artigo

