
Este servizo non só chegará aos núcleos máis poboados do Valadouro senón tamén aos que teñen unicamente un puñado de veciños: Alaje, Budián, Cuadramón, Ferreira, Frejulfe, Moucide, Recaré, Santo Tomei de Recaré, Val de Ouro e Villacampa. En total, estaríamos a falar dun milleiro de domicilios e empresas.
Adamo conta para este despregamento coa colaboración das autoridades locais, en particular, do alcalde Edmundo Maseda, cousa da que quedou constancia na presentación do servizo que proporciona a compañía, efectuada recentemente ante o rexedor por David Llano, responsable de Adamo en Galicia. Nesa reunión participaron igualmente representantes das diferentes parroquias do municipio.
Máis de 50.000 vivendas conectadas en Lugo
Adamos complementou as novidades de servizo en Valadouro cun balance dos seus despregues na provincia de Lugo, na que xa fornece de sinal a 50.000 fogares, facendo especial fincapé na citada zona da Mariña. Entre outros concellos, na Fonsagrada, Alfoz, Begonte, Cervo, Xove, Barreiros, Lourenzá ou Foz, así como na parroquia de Celeiro.
“A nosa aposta por Galicia é firme”, sinalan dende a operadora, “sendo o noso obxectivo instalar Internet de alta velocidade en 26.530 inmóbeis ao longo de 2021 e 2022. Sumados ás 50.000 actuais, o operador alcanzará un total que pasa as 76.500 vivendas na súa rede lucense a finais de 2022”.
Este crecemento apóiase, por unha banda, nas subvencións do Programa de Banda Larga de Nova Xeración (PEBA) do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, que está co-financiado pola Unión Europea (UE). En conxunto, Adamo resultou adxudicatario de 80 millóns de euros para dotar de fibra óptica a preto de 500.000 vivendas situadas en 20 provincias. Dese orzamento, máis de 5,8 millóns destinaranse á instalación da infraestrutura en Lugo para facilitar a comunicación dos xa citados 26.530 fogares. Por outra banda, esta expansión é posible grazas tamén aos investimentos de Adamo, que agregará capital propio para o despregue de Internet de alta velocidade.
A fibra óptica de Adamo chegará ás 10 parroquias do Valadouro
Compartir Este Artigo

