O Álbum de Galicia, a base de datos online do Consello da Cultura Galega na que se recolle a historia da nosa terra a través de biografías destacadas, achegou este mes de agosto catro novas e sobranceiras incorporacións. Concretamente, as do compositor Felipe Paz, a escritora Francisca Herrera, o neurólogo Jesús Manuel Calle Pazos e o xornalista Antonio Neira de Mosquera.
Antonio Neira


A poeta Francisca Herrera
Francisca Herrera Garrido (A Coruña, 1869 – 1950) foi a autora da novela Néveda (1920), a primeira narración extensa asinada por unha muller nas nosas letras. Foi tamén a primeira muller en participar na revista Nós, e a única que repetiu colaboración, e a primeira académica electa da Real Academia Galega. A súa entrada está asinada por Patricia Arias.

Felipe Paz Carbajal
Organista, pianista, compositor, ensinante e director de coros, orfeóns e bandas de música, Felipe Paz (Pontevedra, 1850-Noia, 1918) é unha das personalidades galegas relevantes no eido da composición para banda de música, orfeón e piano da segunda metade do século XIX e principios do XX. A súa entrada foi escrita por Alejo Amoedo.
Jesús Manuel Calle Pazos

Álbum de Galicia
En xaneiro de 2020 o CCG presentou o Álbum de Galicia, unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en diversos ámbitos: desde a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa. A idea foi “dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa Historia. En moitos casos, seguen a ser grandes descoñecidos para o público de todas as idades, de dentro e de fóra do país”, en palabras do CCG.
As biografías do Álbum de Galicia están enriquecidas con material documental, referencias bibliográficas e contidos multimedia que permiten coñecer a obra das persoas divulgadas, pero tamén a produción intelectual existente sobre elas.
Ademais, permite explorar a presenza das persoas biografadas nos fondos documentais dixitalizados do Consello da Cultura Galega.
O Álbum de Galicia é o resultado da unificación das coleccións biográficas temáticas do CCG, que desde o ano 2005 teñen publicado álbums ao redor da muller, a ciencia ou a emigración, entre outros.

