Vodafone España vén de confirmar que a plataforma HBO Max formará parte da súa oferta de televisión. Concretamente, estará dispoñible a partir do 26 de outubro en todos os seus descodificadores e integrarase en exclusiva como operador na súa plataforma de televisión da mesma forma que estaba HBO España.
Ademais, a operadora engadiu que os clientes de Vodafone TV gozarán de HBO Max nas mesmas condicións que ata agora tiñan con HBO España, e máis tendo en conta que se trata, segundo engade a compañía, “dun dos complementos da oferta máis valorados polos mesmos”.
En palabras da operadora, “estamos moi satisfeitos coa chegada de HBO Max ao mercado español e a Vodafone TV, que nos permite ofrecer máis contido diferencial de calidade baixo unha experiencia de usuario superior. Isto reforza a nosa alianza cun dos partners máis valorados polos nosos clientes de televisión, cunha das ofertas máis potentes do mercado”.
Para quen non o saiba, HBO Max é un servizo de transmisión de vídeo baixo demanda de subscrición estadounidense propiedade de AT&T a través da filial WarnerMedia Direct de WarnerMedia. Lanzouse o 27 de maio de 2020 en Estados Unidos e en América Latina e o Caribe o 29 de xuño de 2021. España tiña previsto recibir HBO Max en outono deste ano, ou sexa, antes de rematar o ano. Lanzarase coas seccións de Max Originals, producións exclusivas da plataforma que abranguen películas, documentais e series infantís, entre as que destacan The American Pickle, Summer Camp Island, Doom Patrol, Expecting Amy ou Friends The Reunion, entre outras.
HBO Max chegará a España o 26 de outubro
Compartir Este Artigo

