
Trátase, sinala o Consorcio, “de evitar sancións derivadas dunha execución irregular que afecte a elementos patrimoniais”, de tal xeito que unha vez realizada a solicitude de alta á compañía operadora, o usuario que o desexe pode enviar un correo electrónico ao Consorcio (oficinatecnica@consorciodesantiago.org) indicando no asunto “solicitude execución punto de acometida”, engadindo o enderezo postal do inmóbel, así como a persoa de contacto e un teléfono. Unha vez executado o punto de acometida, o resto do procedemento é unha relación exclusiva entre o cliente e as operadoras.
O Consorcio explica que se trata dunha acción “relevante de face a mellorar a habitabilidade residencial e favorecer a actualización das diferentes actividades económicas, culturais e institucionais no ámbito do Plan Especial do Casco Histórico”. A liña de traballo aberta pola entidade compostelá está a ser seguida por outras cidades Patrimonio da Humanidade de España.
O Consorcio de Santiago asesorou aos propietarios dun cento de inmóbeis no plan de fibra para a cidade vella
Compartir Este Artigo

