
Buscan, en palabras da axencia autonómica que dirixe Patricia Argerey, recoñecer o labor das persoas e empresas que están a contribuír de xeito significativo ao desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño.
Os galardóns tamén se encamiñan a salientar as mellores prácticas para que “sirvan de exemplo a todo o tecido empresarial da nosa terra”, poñendo de relevo como a innovación e o deseño cumpren “un papel esencial para mellorar a competitividade das empresas e, en definitiva, a calidade de vida das persoas”.
As categorías do primeiro ámbito (a innovación) son as seguintes:
-Traxectoria innovadora. Empresarios e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose unha das súas características relevantes. Dotada cun premio de 15.000 €.
-Pequena e mediana empresa. Pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos. Dotada cun premio de 15.000 €.
-Grande empresa. Grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década. Con carácter honorífico.
As modalidades do ámbito do deseño son as que citamos de seguido:
-Profesionais. Profesionais do deseño (persoas físicas ou equipos de profesionais) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector. Dotada cun premio de 15.000 €.
-Deseñadores/as mozos/as. Creadores de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos. Dotada cun premio de 15.000 €.
-Empresas. Empresas consolidadas que incorporasen o deseño á súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, a última década. Con carácter honorífico.
Quen precise toda a información sobre o certame, pode acceder a ela a través da web de GAIN.
Aberta ata o 13 de outubro a convocatoria dos segundos Premios Galicia de Innovación e Deseño
Compartir Este Artigo

