
O xurado composto por David Pareja, Henar Álvarez, Fer Epelde, Sara Varela e David Fidalgo outorgou a La reina del pueblo os premios a Mellor serie estatal, dotado con 800 euros e trofeo, e Mellor guión, para Raúl Navarro, dotado con 200 euros e trofeo.

O premio para Mellor serie internacional, dotado con 800 euros e trofeo, foi para a comedia épica dende o interior dun videoxogo Mortal Glitch e o de Mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para Beatriz Abad por Riders.
O xurado novo, composto por Sara Riveiro, Lúa Pagán e Tania Prieto decidiu outorgar o seu premio, dotado con 400 euros e trofeo, a Psicóticas Inseguras, unha comedia xeracional chilena feminista, subversiva e terapéutica.
Recoñecemento galego
Reunido en Carballo o xurado composto por Lucía Estévez, Javi Camino, Andrea Villa e Xose Regueira decidiu outorgar o Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 3.000 euros para a produción dos tres primeiros capítulos, a Pringadas, de Belén Puime, pola necesidade de contidos en galego enfocados á xeración Z, por afondar e conectar coa súa realidade e pola liberdade dunha proposta que fuxe dos estereotipos. A serie estrearase na próxima edición do Carballo Interplay.
Palmarés
– Mellor serie estatal, dotado con 800 euros e trofeo, para La reina del pueblo
– Mellor serie internacional, dotado con 800 euros e trofeo, para Mortal Glitch. Recolle Bastiaan Manitveld
– Mellor serie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, para Mataría. Recolle Javier Seoane
– Premio do xurado novo, dotado con 400 euros e trofeo, para Psicóticas Inseguras. Recolle Pamela Bravo
– Premio do público, dotado con 400 euros e trofeo, para Mataría
– Premio a mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo, para Raúl Navarro por La reina del pueblo
– Premio a mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para Beatriz Abad por Riders
– Premio ao mellor proxecto a serie web en galego para Pringadas, de Belén Puime
La Reina del pueblo e Mataría, grandes vencedoras da oitava edición do Carballo Interplay
Compartir Este Artigo

