
O devandito programa de tratamento consta de oito sesións que se desenvolven a través da plataforma en liña, unha vez á semana, cunha hora de duración. Semana a semana, as persoas participantes farán unha redución gradual da cantidade de nicotina que consumen, establecendo cada sete días o número de cigarros que poden fumar diariamente.
Como dixemos, outro dos elementos clave da iniciativa é unha aplicación, “deseñada especificamente para este programa e para axudar aos participantes en todo o seu proceso”, explican dende a Unidade da USC, dirixida polo catedrático da USC Elisardo Becoña Iglesias e coordinada pola profesora Ana López Durán.
Antes de comezar o programa, ás persoas interesadas en participar faráselles unha entrevista e unha avaliación, co obxectivo de coñecer cada caso en particular e adaptar o tratamento ao mesmo. Ao finalizar o programa, “seguiremos en contacto ao longo dun ano, para seguir o seu estado, achegarlles se o precisan e solucionarlles posibles dúbidas e problemas que lle poidan ir xurdindo co tempo”, explican. Pode obterse información máis detallada deste tratamento no teléfono 881 81 39 39, a través do enderezo electrónico elisardo.becona@usc.es ou ana.lopez@usc.es
A USC achega unha aplicación móbil para axudarnos a deixar de fumar
Compartir Este Artigo

