O pasado 22 de setembro celebrouse a presentación do documental Cantos na Maré, unha iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística) que recolle dende os seus inicios a historia, a traxectoria e a repercusión do festival internacional de música lusófona do mesmo nome, certame de confraternidade galego-portuguesa que chegou esta fin de semana á súa 17ª edición en Santiago. O audiovisual pode verse xa no Portal da Lingua.
Na presentación, celebrada no Pazo de San Roque de Santiago, participaron Víctor Belho, de Nordesía producións e promotor de Maré 21, e a cantante Uxía, directora do documental. Tamén interveu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
O documental sobre os 16 anos de andaina de Cantos na Maré, no Portal da Lingua
Compartir Este Artigo

