A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPEME, oferta esta última semana de setembro tres novas accións formativas en liña, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre a técnica e a composición na fotografía, sobre como dar os primeiros pasos con Google Analytics 4 e utilización da rede social Pinterest para impulsar o negocio turístico.
En concreto, este martes 28 impartirase o obradoiro Técnica e composición en fotografía. Estará a cargo de Lara Taboada, titulada en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, quen falará da utilidade de ter en contar os factores que determinan unha boa foto e que sexa quen de chamar a atención das e dos internautas.
O mércores 29 será a quenda de Primeiros pasos con Google Analytics 4, a cargo de Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais, quen explicará as novidades desta ferramenta comparándoa coa versión anterior. Este obradoiro amosará a importancia do análise da información que nos facilitan os usuarios.
Para finalizar, o xoves 30 pola tarde, Mariana Rosa falará de Como utilizar Pinterest para impulsar o teu negocio turístico, obradoiro centrado na boa utilización de contidos e estratexias para sacarlle o máximo partido.
As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo info.smartpeme@depo.es ou no teléfono 886 202 020. p margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115% a:link so-language: zxx
SmartPEME remata setembro con tres novos obradoiros de transformación
Compartir Este Artigo

