FEUGA achega esta tempada unha completa axenda de actividades que nos sitúan perante as diferentes vertentes da nova economía e, tamén, ante a necesidade que temos os profesionais e as empresas de adaptarnos plenamente ás demandas desta situación. Poñendo o foco en como mudou (e mudará) a nosa relación cos clientes, FEUGA organiza o seminario en liña Experiencia de cliente ao final da pandemia: que facer.
“Ante esta nova situación na que se impoñen termos como dixital por defecto, cliente phygitall (o cliente é físico, pero dixital, e quéreo todo), experiencias on-off ou hibridación experiencial”, explican dende a fundación, “calquera empresario ou directivo, mando ou persoa con responsabilidade na empresa debe aprender a xestionar estas realidades positivizando o sucedido e desenvolvendo un novo contexto relacional cos clientes xerador de rendibilidade duradeira”.
Con este seminario, as persoas asistentes terán un completo panorama do acontecido nesta revolución económica acelerada pola pandemia, “de revisar, substituír ou axustar o modelo de negocio”; “de incorporar tecnoloxía intelixentemente”; “de crear redes comerciais adaptadas á situación postpandemia” e “de buscar novas oportunidades de crecemento na incipiente economía dixital”.
Amais, os asistentes a este curso aprenderán a xestionar eficazmente o cambio de comportamento do mercado e as tecnoloxías relacionais e experienciais.
Será un seminario de seis horas cuxa data de inicio está prevista para o vindeiro 22 de outubro (a data límite remata o día 15 do mesmo mes). Os contidos serán impartidos por Juan Carlos Alcaide.
FEUGA achéganos claves para xestionar a experiencia do cliente no contexto de nova economía
Compartir Este Artigo

