O CITIC (Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña) recolleu a testemuña no Congreso Español de Informática (CEDI) para organización da próxima edición, que se celebrará en 2024. Lembrar que a convocatoria previa, o CEDI 20/21 tivo lugar en Málaga do 22 ao 24 de setembro, coordinado pola Sociedade Científica Informática de España (SCIE).
No acto de clausura desta edición andaluza do evento, os investigadores Nieves Rodríguez Brisaboa e Miguel Rodríguez Luaces representaron ao comité organizador da edición coruñesa, composto por persoal investigador do CITIC, para presentar a sétima edición e emprazar a participar as persoas asistentes, máis dun milleiro en modalidade presencial e online.
Amais, presentouse un vídeo realizado polo Concello da Coruña, que colabora no congreso, no que se exhibiron a cidade e as posibilidades que ofrece para acoller o evento.
A organización do CEDI 2024 será comandada por persoal do centro da UDC de destacada traxectoria: Amparo Alonso, Bertha Guijarro Berdiñas, Ramón Doallo Biempica, Juan Touriño Domínguez, Nieves Rodríguez Brisaboa e Miguel Rodríguez Luaces, e reforzada polo apoio do director do CITIC, Manuel F. González Penedo, a directora do Campus Innova da UDC, Susana Ladra, e o decano da Facultade de Informática da UDC, Mariano Cabrero. O congreso contará coa colaboración do Concello da Coruña e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG).
Ademais, o CITIC salienta que a empresa Torusware, creada polos investigadores do centrro Guillermo López Taboada, Juan Touriño Domínguez e Ramón Doallo Biempica, foi patrocinadora ouro do CEDI 20/21, que se erixe como “un multicongreso que ten o obxectivo de xerar un marco de encontro de referencia a nivel nacional para profesionais da investigación, desenvolvemento, innovación e ensino universitario do ámbito da Enxeñería Informática”.
O CITIC organizará a edición 2024 do Congreso Español de Informática
Compartir Este Artigo

