Este 22 de outubro celébrase en Santiago, no Hotel Oca Puerta del Camino, unha das grandes celebracións do calendario tecnolóxico anual da nosa terra: a Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, organizada polo Colexio e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG). Trátase dunha edición especial coa que se conmemora o 25 aniversario da gala. En palabras do COETG-AETG, “trátase do encontro do sector TIC por excelencia no que temos por obxecto poñer en valor a nosa profesión”.
Previamente á cea de gala da Noite, celebrarase o acto de entrega dos tradicionais Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2021. O comezo das actividades está fixado para as 17.00 horas, cunha visita guiada á Catedral de Santiago (ao abeiro do programa de accións do Xacobeo 2021). Máis tarde, ás 19.00 horas, celebrase o cóctel de benvida e a xeira de networking entre as e os profesionais asistentes. O acto de entrega dos ditos premios está fixado para as 20.30 horas. A celebración da Noite (coa cega de gala) dará comezo ás 21.30 horas.
O COETG-AETG celebra en outubro o 25 aniversario da súa Noite Galega das Telecomunicacións
Compartir Este Artigo

