En marzo de 2018 soubemos da detención de José Ramón García, fundador de Blusens, por un delito contra a propiedade industrial e por organización criminal, que logo confirmaríase que era consecuencia da comercialización de receptores WebTV que facilitaban o acceso a contidos audiovisuais de xeito ilegal, e finalmente o Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela decretou a apertura de xuízo oral, solicitando a Fiscalía un ano de cadea por un delito de propiedade intelectual e o pagamento de 3.294 euros de multa para García e outros 4 acusados (dun total de 9), mentres que os 4 restantes expóñense a penas de 9 meses de cadea e a mesma cantidade económica de sanción.
José Ramón García e o resto de acusados tamén terían que enfrontarse a unha petición de responsabilidade civil por parte da Fiscalía que ascendería a 1,2 millóns de euros.
Pola súa banda, as acusacións particulares só piden para os acusados 6 meses de cadea e 1.098 euros de multa por ter chegado a un acordo cos denunciados nos que se comprometerían a reparar o dano causado pagando as cantidades económicas que lles reclaman.
A Fiscalía pide un ano de cadea para o fundador de Blusens
Compartir Este Artigo
