Un dos fundadores de Tuenti, Zaryn Dentzel, tería sido vítima dunha banda organizada que tras introducirse no seu piso, atouno e amordazouno, rouboulle os ordenadores portátiles, o móbil e a tableta, e procuraron extorsionalo durante varias horas ata sacarlle un contrasinal dunha conta na que asegura ter gardadas varias decenas de millóns de euros en bitcoins.
O caso estaría a ser investigado pola Policía Xudicial da Xefatura Superior da Policía Nacional en Madrid como un roubo e un intento de secuestro, coa Policía Científica analizando a escena do delito, recollendo probas que poidan clarexar os feitos. As primeiras hipóteses dos investigadores apuntan a que os asaltantes serían 4 ou 5 encapuchados de Europa do Este, que terían infrinxido feridas con arma branca a Dentzel, así como terlle aplicado descargas eléctricas cunha pistola táser.
Un caso bastante curioso, polo infrecuente que é o roubo de criptomoedas mediante asaltos físicos, pero que podería converterse nalgo habitual xa que este tipo de delito é relativamente sinxelo e non precisa de grandes recursos tecnolóxicos.
Rouban millóns de euros en bitcoins a un dos fundadores de Tuenti
Compartir Este Artigo
