
Serían os equipos informáticos nas tendas de MediaMarkt os que estarían inutilizados, de xeito que nos países afectados directamente non poderían realizar servizos como os de recollida e devolución, mentres que as tendas manteñen a súa actividade de venda ordinaria.
O ataque chegaría nun momento crucial, xa que estamos no mes do Black Friday, cando se realizan moitos das compras de cara ao Nadal, especialmente no sector tecnolóxico, no que se espera que en decembro haxa serios problemas de falta de existencias, e a cantidade económica esixida polos secuestradores dos equipos informáticos podería estar no contorno dos 200 millóns de euros.
Polo momento non se coñece o impacto real deste incidente, especialmente para os consumidores españois (que o máis normal é que non se vexan afectados), pero resulta preocupante ver como a proliferación do ransomware pode afectar á actividade de compañías que teñen protocolos de seguridade establecidos en momentos nos que o dano que pode ocasionar a interrupción da operativa ordinaria difícil de mitigar.
MediaMarkt, vítima dun ransomware
Compartir Este Artigo
