Alumnado de 2º de Bacharelato do IES Agra do Orzán da Coruña que participa no programa STEMbach da Xunta de Galicia visitou na mañá deste 9 de novembro as instalacións do CITIC, o Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña emprazado no Campus de Elviña. A visita comezou cunha presentación do centro e as súas capacidades por parte do subdirector do CITIC, Javier Pereira. A continuación, a investigadora Laura Castro faloulles aos alumnos e alumnas da súa liña de investigación sobre sistemas distribuídos.
Posteriormente, o responsable da unidade de sistemas do CITIC, Alejandro Mosteiro, explicoulles o funcionamento do Centro de Procesamento de Datos (CPD).
Para finalizar, os estudantes visitaron a sala Demostrador Tecnolóxico, onde coñeceron diferentes proxectos desenvolvidos no CITIC, principalmente nos ámbitos da robótica, a Realidade Virtual e a Realidade Aumentada.
Alumnado do IES Agra do Orzán de A Coruña visita o CITIC
Compartir Este Artigo

