A Deputación de Pontevedra, a través do programa de formación tecnolóxica SmartPeme, especialmente dirixido a pequenas e medianas empresas, persoas autónomas e profesionais, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online. As accións versarán sobre debuxo Onshape, sobre como crear un infoproduto, como dar forma ás nosas fotografías para o Nadal e como empregar as ferramentas de Google.
En concreto, este martes 9 impartiuse o obradoiro Fabricación dixital, Debuxo con Onshape V – Assembly I. Os contidos viñeron da man de Manuel Freire, experto universitario en Robótica, quen achegou aos usuarios as tecnoloxías implicadas un proceso de fabricación dixital.
O mércores será a quenda de Infoprodutos: que son e como crealos a cargo de Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, quen dará a coñecer este novo espazo usado polos profesionais que deciden compartir coñecementos.
Para finalizar a semana, Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, falará o xoves 11 de Crea as túas fotografías para a campaña de Nadal, obradoiro centrado en dar unha maior visibilidade aos nosos produtos nunha das mellores épocas en ventas do ano.
Xa pola tarde, Guillermo Nass, TSU en Deseño Gráfico do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, falará de Coñece as ferramentas de Google I, explicando como este buscador ofrécenos a posibilidade de dar a coñecer mellor o noso produto.
SmartPeme oferta esta semana outros catro obradoiros en liña
Compartir Este Artigo

