Twitter anunciou hoxe un novo avance nas súas posibilidades de comercio electrónico que chaman Live Shopping, ou sexa, venda en directo, de xeito que será posible realizar retransmisións de vídeo en directo a través de Twitter dende as que permitir varias accións que facilitan unha experiencia de compra con pouca fricción.
Teremos así a posibilidade de colocar banners comerciais e pestana de tenda na paxina do evento en directo e incluso poderemos seguir vendo a retransmisión de vídeo en directo mentres nos movemos pola tenda web no navegador integrado para non perderse nada do que acontece na retransmisión mentres realizamos unha compra.
Polo momento o Live Shopping está en probas nos EE.UU. con compañías como Walmart, comprobando así o potencial que ten ese formato para converter accións en redes sociais dirixidas aos seareiros en compras directas. Para facer todo isto posible os negocios contarán con ferramentas dende as que xestionar o seu catálogo de produtos para controlar como se verán nas súas accións en Twitter.
Twitter proba o Live Shopping
Compartir Este Artigo
