Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cyberpunk 2077 terá versión para consolas de nova xeración en poucos meses
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Cyberpunk 2077 terá versión para consolas de nova xeración en poucos meses

Marcus Fernández
Publicado: 29/11/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cd-projekt-group-presentation-q3-2021-results-1-6.jpgCD Projekt Red, o estudio polaco detrás do polémico Cyberpunk 2077, vén de presentar os seus resultados trimestrais, aproveitando a ocasión para dar detalles sobre as súas planificación para os vindeiros meses, que agradecen os que aínda teñan confianza depositada na compañía e os seus traballos en curso.
Lembremos que CD Projekt Red adiou a planificación prevista para Cyberpunk 2077, para centrarse en corrixir os seus problemas técnicos antes de incorporar novas funcionalidades, e finalmente sabemos que no primeiro trimestre de 2022 o xogo contará con versións para consolas de nova xeración, que actualmente poden gozar do xogo grazas á retrocompatibilidade, e que en poucos meses contarán cunha versión mellorada que os actuais usuarios recibirán sen custo adicional.
cd-projekt-group-presentation-q3-2021-results-1-5.jpgCómpre así lembrar que os interesados en facerse co xogo para PS5 ou Xbox Series X|S teñen agora interesantes ofertas para mercar as versións de PlayStation 4 e Xbox One. Temos así que aínda que Cyberpunk 2077 foi un dos lanzamentos máis catastróficos da industria dos videoxogos, economicamente segue a ser un produto que funciona moi ben, e incluso está a gozar de grandes vendas estes días (impulsado principalmente polos descontos propios destas datas).
Coa vista posta na nova xeración CD Projekt Red tamén confirmou que teñen previsto lanzar no segundo trimestre de 2022 unha versión de The Witcher III: Wild Hunt para consolas de nova xeración, que incluirá melloras visuais, todas as expansións do xogo e contidos adicionais inspirados na serie de Netflix inspirada na mesma saga de libros que o xogo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?