
José Miñones enmarcou esta iniciativa no “compromiso do Goberno coa conectividade e a dixitalización, ademais do reto demográfico, tres alicerces das políticas progresistas e fundamentais para o futuro de Galicia”.
Nesta convocatoria, a extensión de redes de comunicacións electrónicas de banda larga realizarase en 15.815 das chamadas “zonas brancas” de Galicia, é dicir, áreas que non dispoñen de cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 Mbps, nin plans para a súa dotación no próximos tres anos.
O delegado do Goberno explicou que “será Telefónica a empresa tecnolóxica que efectuará o despregamento en Galicia, e que cubrirá o restante do investimento”. O Ministerio, pola súa banda, aportará máis de do 65% do programa, ata 19.310.204 euros.
Co fin de garantir o alicerce máis firme posible para esta liña de traballo, o delegado do Goberno trasladou ao presidente da FEGAMP, Alberto Varela, a intención de “promover encontros cos gobernos locais beneficiados para estudar a mellor forma de facer realidade este investimentos”. Ademáis, José Miñones tamén mantivo unha reunión co director territorial de Telefónica en Galicia, Manuel Ángel Alonso, con quen salientou “a relevancia que supón esta colaboración público privada para o Goberno Central así como o impacto positivo que se prevé nas áreas seleccionadas.”
O Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión (Único) dá continuidade ao Programa de Extensión de Banda Larga de Nova Xeración (PEBA-NGA). O programa Único canaliza un dos principais investimentos do Plan de Recuperación na área da conectividade dixital co obxectivo de ampliar a cobertura de banda larga ao 100% da poboación en 2025. Para iso, mobilizará 2.000 millóns de euros do Plan de Recuperación.
O Goberno estenderá a banda larga ultrarrápida a 90.000 fogares e empresas da nosa terra
Compartir Este Artigo

